![]()
VILAGARCIA> Eran as 10 da mañá deste luns cando uns cinco encarrapuchados irrompían de súpeto…
{flowplayer}images/salnes/asalto_empresario_castroagudin.flv{/flowplayer}
… nunha vivenda do lugar da Congostra, na parroquia vilagarciá de Castroagudín. Entraron avanzando o muro desta vivenda un pola parte dianteira e varios pola traseira, lindeira a un monte; aproveitando que non tiñan alarma e que as cámaras de seguridade só estaban acesas de noite.
Daquela o dono da vivenda, o empresario de Excavaciones Bremar, Suso Brea, de 32 anos, estaba a darlle de comer o seu can. Foi entón cando lle golpearon na caluga cun bate de béisbol propinándolle varias patadas e, ameazándoo, o meteron dentro da casa. Neses intres, outros cacos abordaban á súa muller Natalia Tubío, de 33 anos, que se encontraba dentro da vivenda atendendo á súa pequena de 3 anos.
Os asaltantes, ó parecer estranxeiros pode que algún romanés e algún cidadán do Levante, actuaban de xeito moi violento golpeando e amedrentando ós propietarios con varias armas cas que contaban, entre elas algunha de lume. A base de golpes e tras amordazalos, fuxiron cun botín duns 25.000 euros e todo canto obxecto de valor había na vivenda; amais de documentación das víctimas. Ó marchar agocháronche os teléfonos móbiles e emprenderon a fuga cun vehículo dos asaltados, un Audi A3, que ó parecer abandonaron pouco despois.
Foi Natalia a que puido pedir auxilio polo teléfono dun vehículo ós axentes da orde e a súa sogra que vive a escasos metros deles. Afortunadamente, este familia pode contalo pero cre que as secuelas, tanto para eles como para a súa pequena de tres anos, vai a durarlles toda a vida.
Tanto a familia Brea como varios dos veciños do lugar afanábanse hoxe en dotar dunha alarma ós seus fogares, para evitar que volvan a producirse feitos semellantes neste tranquilo lugar do rural vilagarcián.
Redacción Salnés






