Temor en Pontecesures tralo roubo de máis de 15 mil euros en dispositivos nunha tenda de informática

PONTECESURES> Temor en Pontecesures por unha vaga de roubos na vila. O último tivo lugar na madruga do mércores nunha tenda de informática e en pleno centro da vila. Os ladróns rebentaron a porta e roubaron máis 40 dispositivos electrónicos valorados en 15 mil euros.

As imaxes que están a ver, propias dunha película, foron gravadas na tenda de informática Constenla de Pontecesures. Ao redor das tres e media da madrugada, tres encapuchados romperon a porta da entrada do establecemento e accederon ao local. Alí comezaron a romper as vitrinas e a subtraer diferentes dispositivos móbiles que introducían en bolsas de supermercado.

Concretamente, o atraco durou setenta segundos. Os ladróns utilizaron unha tapa dun sumidoiro para poder romper o cristal que tiñan bastante grosor. Os veciños asustáronse ao escoitar o estrondo.

Jose é o propietario do establecemento. El cree que, pola rapidez coa que perpetraron o roubo e polo directo que foron a polos dispositivos móbiles, os ladróns coñecían ben a tenda. A veciñanza de Pontecesures móstrase preocupada por non ser este un caso illado.

O bote final dos ladróns supera os 15 mil euros, con máis de 40 dispositivos móbiles roubados. A iso hai que engadir a caixa de ese día, que era de 650 euros, e o ordenador persoal do propietario que tamén se atopaba na tenda. As forzas de seguridade están a investigar o suceso. Mentres o propietario está pendente do seguro para que as perdas sexan as menores posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí