Sippa pecha as súas portas con máis de dez mil visitantes

    VILAGARCÍA > A quinta edición do Salón Industrial de Panadería, SIPPA, celebrado esta fin se semana en Fexdega en Vilagarcía pechou xa as súas portas despois de superar as expectativas do número de visitantes que tiña a organización. Aínda que moitos expositores tiveran gustado de recibir algunha visita máis a valoración xeral foi positiva.

    sippan_300_060206_1.jpgPrincipalmente profesionais foron os que se deixaron caer durante a celebración en Vilagarcía do Salón. Un salón no que se deron cita expositores relacionados coas novas tecnoloxías aplicadas á elaboración do pan e que, en xeral, fixeron unha boa valoración desta quinta edición da feira da panadería e do pan, na que o máis importante son os contactos feitos entre profesionais e que aumentan ano a ano.

    Ademais da Sippa foi clausurada tamén a primeira edición do Festival Gastronómico Luso Galaico, que compartía espazo con Sippa e na que colaboraron seis restaurantes de Galicia e Portugal que serviron a máis dúas mil persoas entre almorzos e ceas.

    Redaccíón Salnés