Nin mariscadoras nin Mar prevén ceder nas súas pretensións

    VILAGARCÍA> A Consellería volverá a balizar esta semana mentres as traballadoras din que o seguirán impedindo

    {flowplayer}images/salnes/RespostaManeiro_180912.flv{/flowplayer} 

    A Consellería do Mar e as mariscadores de a pé continúan a tensar a corda. Ambas partes semellan lonxe de atopar un acordo. As traballadoras pecháronse na Delegación comarcal en Carril en sinal de protesta e din que o volverán a facer ata que as súas demandas sexan escoitadas. Despois de dous días coa Comspotela pechada, dende a Secretaría Xeral do Mar, anuncian que non se poderá traballar na praia ata que se permita colocar as novas balizas.

    Juan Maneiro asegurou que estase cumprindo co que se acordou na mesa de negociación con ámbolos dous colectivos, a pé e a flote. Di non entender este cambio de opinión e o modo de proceder das mariscadoras.

    Así mesmo salientou que a zona en litixio refírese tan só a 200 metros cadrados dentro dun area moito maior, de case 30.000 metros.

    Como tampouco se botarán atrás as mariscadoras de a pé que prometen seguir coas protestas e xa anunciaron que tratarán de impedir un balizamento que levarase a cabo durante esta semana.

    Redacción Salnés