Núñez Feijóo é o político galego mellor valorado nas Rías Baixas

    O SALNÉS> O Actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo é de lonxe, o político mellor valorado…

    {flowplayer}images/salnes/valoracion_goberno_oposicion.flv{/flowplayer}

    … de cara ás vindeiras eleccións xerais. Así o reflicten as últimas enquisas a pé de rúa que fixo esta casa, a Sete Canalriasbaixas. E é que a maioría dos enquisados cren iso de que Galicia é a Comunidade que mellor resistiu os embates da crise, tal e como se predica desde o Goberno Galego. De feito, son moitos os veciños que aproban a súa xestión dos últimos tres anos; amais con notas altas.

    Parece que o peor inimigo para as vindeiras eleccións xerais de Núñez Feijóo, será a política de recortes que está a levar a cabo o goberno de Mariano Rajoy. Son estes recortes e a mala situación económica, ate o de agora sen solución, a que fai que gran parte da poboación non se decante por ningunha opción política, asegurando estar máis que desilusionados.

    Na Rede as cousas cambian; polo xeral nas plataformas 2.0 predomina o discurso de esquerdas, fronte ós actuais gobernos, sobre todo por parte da xente máis nova.

    Redacción Salnés