![]()
CAMBADOS> Cambados acolleu esta mediodía un dos plenos máis tristes da súa historia democrática: unha sesión extraordinaria…
{flowplayer}images/salnes/pleno_extraordinario_guerrero.flv{/flowplayer}
… de caracter urxente na que a corporación municipal quixo render homenaxe ó voceiro socialista Rafael Blanco Guerreiro, finado ós 45 anos, víctima do cancro. O acto consistiu nun breve pleno de apenas dez minutos no que se lembrou a súa figura gardando un minuto de silencio, e decretando dous días de loito oficial.
Tanto o alcalde como Fátima Alba, a súa compañeira nas filas socialistas tiveron unhas últimas verbas para o político nas que lle recoñeceron o seu caracter afable e conciliador a prol do benestar dos veciños. O voceiro nacionalista, Victor Caamaño non puido facer o propio ó verse superado pola emoción. No pleno congregáronse numerosos veciños da Comarca, entre eles varios políticos da contorna, especialmente das filas socialistas, amais dos familiares directos de Rafael Blanco, entre eles a súa muller e nai da súa filla de oito anos, que puido sentir de preto o agarimo dos compañeiros de Blanco Guerrero na política.
Esta mesma tarde os seus restos mortais foron trasladados do Tanatorio cambadés á Igrexa de Santa Mariña, onde se celebrou un funeral. Logo, foi trasladado a Vigo para a súa incineración.
Redacción Salnés









