Algunas adegas inician a vendima unha semana antes do previsto

    vendima_marfradescopy.jpgSALNÉS> Unha delas é Mar de Frades. Esta mañá acompañamos a un dos seus viticultores, Lino Domínguez, no comezo da recolección da uva.

    {flowplayer}images/salnes/COMEZA_VENDIMA_MAR_FRADES.flv{/flowplayer}

    A pesares das dificultades desta campaña, as altas temperaturas rexistradas desde comezos do mes setembro favoreceron a maduración da uva en Rías Baixas. Isto levou á adega Mar de Frades a iniciala recolección estes días tendo en conta, ademais, a previsión de choivas para a vindeira semana.

    Ademais, aínda que a previsión inicial era que ía ser unha campaña con altas acideces, Mar de Frades entende que vai ser bastante equilibrada. Pola contra, os traballos van ser máis complicados con respecto ó ano pasado e prolongados no tempo debido ós corrementos de flor que se produciron na floración e ós ataques de mildeu.

    Con todo, a previsión desta adega é a de recoller algo máis do cincuenta por cento con respecto ó 2011. Isto situaríaos en torno ós setecentos cincuenta mil quilos de uva.

    En canto á calidade, aínda que está por ver, Lino Domínguez, viticultor que traballa con esta adega, confía en que vai ser moi boa. 

     

    Redacción Salnés