Louzán ve no turismo a mellor saída para facer fronte ó paro no 2013

    fotoalmorzocopia.jpgSALNÉS> O obxectivo é poñer en valor os xacementos arqueolóxicos e convertelos nun reclamo tuurístico que se una ás Pousadas.

    {flowplayer}images/salnes/AlmorzoLouzanSalnes.flv{/flowplayer}

    Xacementos como o de Castro Alobre en Vilagarcía, o de Monte do Castro en Ribadumia ou o cemiterio do Grove. Así ata vinte recursos patrimoniais en toda a provincia nos que se investirán dous millóns e medio de euros. O obxectivo é poñelos en valor e convertelos nun reclamo turístico de calidade e accesible, na liña tamén das Pousadas do Salnés.

    No que se refire ás Pousadas, Louzán asegurou que xa a finais deste ano ou comezos do que ven se adxudicarán á empresa que se encargará de poñelas en marcha. A intención é que para o próximo verán estean xa en funcionamento e o fagan ademais incorporando entre o seu persoal un porcentaxe de traballadores con discapacidade.

    Un referente de turismo accesible en toda España e un impulso importante para que a comarca do Salnés deixe de situarse á cabeza no número de desempregados en Galicia. Así o dixo, o Presidente nun almorzo informativo que por ter lugar nesta comarca tivo especial mención para Jorge Domínguez.

    Redacción Salnés