Vilanova presenta o obradoiro de emprego 2021 cun módulo de ampliación de redes de datos

VILANOVA> Vilanova presentas unha nova edición dos seus obradoiros de emprego. O concello mantén o módulo de xardinería e estrea o de ampliación de redes de datos. Os 20 participantes formaranse durante nove meses mentres reciben unha prestación.

O concello de Vilanova, coa colaboración da xunta de Galicia, volveu poñer en marcha unha nova edición dos seus obradoiros de emprego. 20 participantes formaranse en dous módulos diferentes: xardinería e ampliación de redes de datos. Este último módulo é a novidade desta edición, dando continuidade ao proxecto iniciado co curso de instalación de redes. Este módulo centrarase en ampliar as capacidades dixitais do municipio.

Pola súa parte, dende o módulo de xardinería centraranse en mellorar e acondicionar todos os parques do municipio.

Para os participantes é unha oportunidade de formarase á vez que reciben unha prestación.

Os obradoiros teñen un prazo de duración de 9 meses. Os participantes ademais de recibir a formación do seu módulo recibirán outras ensinanzas transversais como informática ou prevención de riscos laborais. unha vez rematado o obradoiro recibirán un certificado de profesionalidade que acredita a súa titulación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí