![]()
CARRIL> O fan trala posta en funcionamento duha oficina de información. Trátase, explicou Javier Briz, de que o proceso de reordenación sexa o máis transparente posible.
{flowplayer}images/salnes/OFICINA_PARQUISTAS_CARRIL.flv{/flowplayer}
Trala polémica suscitada entre os parquistas de Carril polo decreto de revisión e reordenación dos parques de cultivo, desde a Consellería do Medio Rural e do Mar puxeron en marcha o pasado xoves, na Delegación da zona, unha oficina de consulta. A finalidade deste espazo, atendido con técnicos da Xunta, non é outra que a de ofrecer a estes profesionais do sector do mar a información que precisen para coñecer a situación das súas explotacións.
Se ben é certo, Briz asegurou que dita información xa a viñan ofrecendo. O conflito suscitado foi o que intensificou as visitas á Delegación. Desde a posta en marcha da oficina, xa foron decenas de persoas as que atenderon. As preguntas máis frecuentes pasan por saber a situación real dos parques, se son plenamente legais e que terían que facer no caso de que non fose así.
Sinalou, ademais, que dos 1200 parques de cultivo que agora mesmo hai en Carril, divididos en sete sectores, case 1100 están xa regularizados con títulos provisionais, que pasarán a ser definitivos unha vez aprobado o decreto.
Os interesados poden solicitar cita previa a través do teléfono 886 206 305 ou a través do correo electrónico xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es. A oficina estará aberta en horario de dez da mañá a unha do mediodía.
Redacción Salnés








