Cambados, Meis e Ribadumia unen propostas no Día da Muller Traballadora

    CAMBADOS> Os concellos de Cambados, Ribadumia e Meis presentan en colaboración co Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés o programa de actos con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. Cafés-coloquio sobre emprendemento feminino, actos de homenaxe e ata un concurso infantil son algunhas das propostas.

     

    Durante todo o mes de marzo Cambados, Meis e Ribadumia dan protagonismo á muller cunha serie de actividades en colaboración co CIM que teñen por obxectivo traballar de cara a consecución da plena igualdade de dereitos. 

    Unha das primeiras iniciativas que se puxo en marcha foron os almorzos ou cafés coloquios nos que se trata o fomento do emprendemento feminino onde son as propias mulleres as que falan da súa experiencia. En Ribadumia xa tivo lugar este pasado luns e en Cambados e Meis faranos o propio día Internacional da Muller Traballadora, o vindeiro martes 8 de febreiro. 

    Ademais de sendos manifestos ao longo do mes tamén se realizarán unhas xornadas de axuda para a procura de emprego a través de internet e o día 31 pechando as actividades chega a cuarta edición do Simposio Móstrate Salnés onde poderán coñecerse os distintos proxectos nados de mulleres que xurdiron na comarca.

    Cada un dos concellos levará a cabo a súa propia programación como o acto de homenaxe que renderán a 6 mulleres referentes para os concellos de Ribadumia este domingo día 6 e Cambados o vindeiro día 12.

    Na cartelería de toda a programación feita en colaboración co Centro de Información á Muller poderanse ver as frases dos gañadores do concurso que realizaron con motivo deste día nos centros de educación primaria dos tres concellos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/03/cim_mancomunidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/03/cim_mancomunidade.mp4{/flowplayer}