CAMBADOS> Chamamento de Martín Códax aos pequenos viticultores para que colaboren e apliquen nos seus viñedos a confusión sexual contra a couza. Esta medida non utiliza fitosanitarios e é coidadosa co medio ambiente, pero necesita de ao menos dúas hectáreas de terreo para ser efectiva, de aí que dende as cooperativas pidan aos viticultores que se alíen cos profesionais dos viñedos máis próximos. Nesta época tamén hai que estar alerta cos ataques de mildiu e coa súa aplicación, xa que ao a ver pouca vexetación hai que coidar que os tratamentos non cheguen aos terreos próximos.
Co avance da brotación comezan os primeiros riscos de ataques aos viñedos. As altas temperaturas e as precipitacións son a temperatura ideal para que xeren os fungos. De feito, aqueles viñedos que brotaron antes xa sofren as consecuencias das choivas de marzo.
Este primeiro ataque de mildiu non é perigoso, pero ara evitar que vaia a máis é importante adiantarse as choivas para aplicar os tratamentos.
Dende as adegas tamén piden responsabilidade aos viticultores á hora de aplicar os tratamentos. Tendo en conta que os viñedos teñen poucas follas, recomendan aplicar os tratamentos con boquillas antideriva.
Outro risco que aparece nesta época son as couzas. Para elo, e seguindo a filosofía de reducir en fitosanitarios, as cooperativas aplican a confusión sexual.
A confusión sexual só é efectiva nos terreos de máis de dúas hectáreas, por iso, dende Martín Códax fan un chamamento aos pequenos viticultores para que se alíen entre eles e apliquen este método.
Dende Martín Códax tamén aconsellan aos viticultores vixiar moito os viñedos para previr o mildiu, xa que é a gran ameaza das futuras colleitas.