Louzán: “Este premio recoñece o traballo dos comerciantes”

    VILAGARCÍA> A asociación vilagarcián Zona Aberta foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior.

    {flowplayer}images/salnes/PremioMadridZona_260912.flv{/flowplayer} 

    O traballo realizado pola Asociación de Comerciantes Zona Aberta, non pasa desapercibido. A súa presencia activa na sociedade vilagarcián e a dinamización do pequeno comercio da localidade foron algúns dos motivos polos cales o Ministerio de Economía outorgoulles este recoñecemento, o Premio Nacional do Comercio Interior, nun acto celebrado o luns en Madrid. 

    Esta distinción reafirma e anima a Zona Aberta a seguir na mesma liña de traballo. Agora centrarán os seus esforzos en diversas campañas que terán como protagonista a suba do IVE e as festas de Nadal.

    Redacción Salnés