O Pleno aproba por unanimidade a ordenanza das colareiras da Toxa

    O GROVE> O Pleno de O Grove aprobou por unanimidade a ordenanza que regula a venta dos colares de cunchas mariñas.

    {flowplayer}images/salnes/COLAREIRAS_OGROVE.flv{/flowplayer}

    O GROVE> O Pleno de O Grove aprobou por unanimidade a ordenanza que regula a venta dos colares de cunchas mariñas.

    As vendedoras, se constituíron en asociación para intentar frear o documento pero non o lograron. Aseguran que van presentar alegacións. Todos os grupos políticos puxéronse de acordo en aprobar esta controvertida ordenanza reguladora para as colareiras. Sen embargo, o pleno estivo cargado da forte polémica social e política que se fixo notar nas intervencións.

    O alcalde, acusou reiteradamente ó portavoz do PP, Miguel Ángel Pérez de covarde político, por non definir o seu voto ata o último momento e non facer nada nos seus 8 anos de mandato. Pérez escudouse en que, durante o seu goberno, non contou co apoio dos grupos da oposición e recordoulle a Cacabelos que o PSOE se desmarcou no consenso alcanzado no último mes para sacar adiante o documento.

    Jose Antonio Cacabelos, asegurou que o documento debe mellorarse, e que vai continuar o diálogo coas colareiras. Sen embargo, esta puntualización non gustou ós seus compañeiros de goberno. O BNG e o Partido Galeguista consideran que o asunto está pechado, porque hai puntos que non poden ir contra a lei.

    O salón de plenos estivo repleto de colareiras, custodiadas pola policía local, aínda que non houbo ningún incidente. As traballadoras decidiron constituírse en asociación para presentar alegacións contra o documento. A ordenanza obrígalles a pagar máis impostos, a cumprir requisitos máis estritos e limita a validez da licenza a un ano.

    Redacción Salnés