O presidente da CEOE reúnese no Grove cos empresarios galegos para analizar a situación do sector

O GROVE> O presidente da CEOE reúnese no Grove co presidente dos empresarios galegos para coñecer a situación do sector e analizar as súas demandas. Ambos empresarios mostraron a súa preocupación polo aumento da inflación. Piden cooperación ao goberno para tomar medidas conxuntas que melloren a eficiencia do gasto.

O presidente da CEO, Antonio Garamendi, visitou esta mañá o Grove para reunirse cos representantes dos empresarios galegos. A visita estaba destinada a coñecer a situación do sector na comunidade autónoma e a tratar posibles solucións ou medidas a adoptar.

Entre as problemáticas que sinalaron ambas partes destaca a inflación. Garamendi mostrouse en contra das medidas do goberno de subir impostos á banca e as eléctricas.

Garamendi solicitou ao goberno central unha maior eficiencia do gasto.

Para conseguir unha solución e adoptar medidas que beneficien a todos, os empresarios piden cooperación ao goberno.

O presidente da CEO aproveitou a visita tamén para reunirse con Alfonso Rueda. Unha vez rematado o acto na finca Atlántida, Garamendi mantivo a súa primeira reunión formal co novo presidente da xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí