Os colexios de Rubiáns, A Lomba e Vilaxoán gañan os premios á igualdade

VILAGARCIA> Vilagarcía entrega os premios á igualdade de xénero e boas prácticas ás escolas do municipio. Os premiados foron o colexio da Lomba, o de Rubiáns e o de Vilaxoán. Recibiron 500 euros que investirán en diferentes actividades enfocadas na igualdade.

O concello de Vilagarcía entregou os premios da décimo quinta edición igualdade de xénero, boas prácticas na escola. Un certame que ten como obxectivo promocionar a educación en igualdade entre nenos e nenas e loitar contra a violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

Os premiados foron os colexios de Rubiáns e a Lomba e a comunidade educativa do colexio de Vilaxoán. Neste centro, o seu proxecto titulouse “Mulleres referentes nas nosas vidas”.

No caso do Plurilingüe de Rubiáns, o seu proxecto “activistas en acción”, céntrase no papel das mulleres no coidado do medio ambiente e da sociedade.

No CEIP da Lomba, no seu proxecto “A muller na túa vida”, enfocáronse na loita fronte os micromachismos.

Dende os centros sinalan a implicación total do alumnado. Cada un dos centros recibiu un vale de 500 euros que irán destinados a diferentes actividades na loita a favor da igualdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí