Medio Ambiente contratará este ano a depuradora de residuales

    barrantes100.jpgRIBADUMIA> Así o anunciou onte o conselleiro Agustín Hernández, durante a inauguración da praza pública de Barrantes.

    {flowplayer}images/salnes/praza_barrantes.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> A consellería de Medio Ambiente financiará a execución dunha nova depuradora de augas residuais en Ribadumia, cunha achega de preto de dez mil euros. Así o anunciaba onte o titular deste departamento Agustín Hernández, nun acto en Barrantes.

    Agustín Hernández participou onte á tarde na inauguración da remodelación da Carballeira de Barrantes, en Ribadumia. A consellería de Medio Ambiente achegou para esta obra uns 600 mil euros. A nova imaxe da carballeira de Barrantes mellorará, segundo o conselleiro, as relacións veciñais, xa que se presenta como un lugar de encontro para xente de tódalas idade.

    A remodelación integral da Carballeira de Barrantes centrouse en crear un modelo de praza multiuso, aproveitando o desnivel do terreo para acondicionar tres espazos diferenciados. Conta así cun anfiteatro, parques infantís, zonas deportivas, de xogo, e de descanso.

    As obras executáronse nos dous últimos anos con cargo a diferentes plans e subvencións achegadas polo Estado, a Xunta e a Deputación de Pontevedra. En canto ós terreos, o Concello conseguiunos grazas a un convenio urbanístico coa familia Cebrián, que cedeu 26 mil metros cadrados. As autoridades convidaron ós veciños a gozar do novo espazo pero tamén a coidalo.

    Amais de Rafael Louzán e Agustín Hernández, á inauguración asistiron outras autoridades da comarca do Salnés, e numerosos veciños de todo o municipio.

    Redacción Salnés