![]()
BARBANZA> Dous mil cento seis galegos máis pasaron a engrosar as listas do paro durante o mes de setembro.
{flowplayer}barbanza/enquisasparosetembro.flv{/flowplayer}
Os datos do paro referidos a setembro revelan un incremento do 0’8 en Galicia, o que se traduce en dous mil cento seis desempregados máis na nosa comunidade. Este repunte, motivado principalmente pola finalización dos contratos de verán no sector servizos, vén rachar coa tendencia a baixa dos últimos catro meses nos que Galicia rexistrou unha baixada do paro. Malia que negativa, dende a Xunta destacan que esta cifra é sensiblemente menor ó incremento rexistrado en anos anteriores.
Pola contra, entre a opinión pública o aumento do número de desempregados vén poñer de manifestos a ineficacia das políticas que están a impulsar dende as administracións, incapaces de xerar novos postos de traballo.
En termos globais, o número de parados en toda España supera xa os 4’7 millóns con especial incidencia entre os mozos. Estes datos supoñen un incremento do 11’3 por cento ó longo do último anos.
Redacción Barbanza









