O proxecto ‘Mar Galaica’ amplíase a toda a costa galega

margalaica.jpgTAMBRE> A conselleira do Mar tomou parte na presentación do programa que ten coma obxectivo organizar actividades e servizos relacionados co turismo mariñeiro.

{flowplayer}barbanza/margalaica.flv{/flowplayer}

A titular de Mar presidiu en Noia o acto de presentación da ampliación do Club de produto de turismo mariñeiro Mar Galaica. Rosa Quintana destacou a importancia de implantar o turismo mariñeiro en todo o litoral galego coa idea de dinamizar e potenciar os nosos recursos.

GAC Número 4

A proposta partiu nun primeiro momento do Grupo de Acción Costeira Número 4 que engloba ás comarcas de Fisterra e ría de Muros-Noia, aínda que agora uniranse a el tódolos GAC de Galicia para promocionar de xeito conxunto e coordinado o turismo mariñeiro na nosa comunidade.

Mellora do turismo mariñeiro

Mar galaica naceu no marco do plan de mellora do turismo mariñeiro do GAC 4 e nel intégranse empresas de hostalería , museos e centros de interpretación vinculados ó mundo do mar, coa finalidade de desenvolver actividades e servizos de turismo mariñeiro. A través desta iniciativa, que constitúe un exemplo de promoción da calidade dos produtos do mar galegos, fórmase ós operadores dos produtos turísticos, impulsándoos coma os mellores embaixadores da cultura, etnografía e patrimonio de Galicia.

Autoridades presentes

Ademais da conselleira, no acto de presentación tamén estiveron presentes o secretario xeral de Pesca, Carlos Domínguez, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, os presidentes dos sete grupos de acción costeira de Galicia, así como tamén alcaldes e representantes de varios concellos da zona.

Redacción Barbanza