A lonxa de Ribeira será un referente galego de deseño e tecnoloxía

    alvarezcampanaribeira.jpgRIBEIRA> O presidente de Portos, José Manuel Álvarez-Campana, anunciou que a mesa de contratación traballa cunha ducía de propostas de enorme calidade.

    O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez –Campana acudiu  ó concello de Ribeira, onde mantivo unha xuntanza co alcalde, José Luis Torres Colomer e varios representantes da confraría de Ribeira.

    Na xuntanza tratouse un dos temas máis importantes para o colectivo de pescadores, polo que levan anos agardando: a construción dunha nova lonxa. Despois de o pasado ano Portos anunciara que se construirá na coñecida como explanada das redeiras,  Álvarez-Campana deu un paso máis confirmando que a mesa de contratación xa traballa na elección do proxecto.

    {flowplayer}barbanza/reunionportos.flv{/flowplayer}

    O responsable de Portos avanzou que existen unha ducia de propostas técnicas, todas elas de gran calidade. Deste xeito, augurou que a futura lonxa ribeiresa será un edificio moderno que se convertirá nun referente a nivel galego. A Consellería do Mar investirá neste proxecto dezaoito millóns de euros. Esta previsto que as obras se inicien no verán do vindeiro ano.

    Reducción nas taxas

    Na visita a Ribeira, o presidente de Portos anunciou unha redución dun cincuenta por cento na contía de taxas de ocupación do solo que paga á confraría. Asemade, o patrón maior, José Antonio Pérez aproveitou a visita para trasladarlle ó a necesidade de contar con vestiarios con servizo de auga quente e electricidade e a habilitación de novo equipamento de amarre na zona de pantaláns. Álvarez-Campana comprometeuse a realizar esta actuación antes de finais de ano.

    Dende a confraría de Ribeira, o seu patrón maior mostrouse agradecido pola atención prestada e pediu celeridade na execución das actuacións.

    Redacción Barbanza