Remata o proceso de presentación de ofertas para Alfageme

    VILAGARCIA> Ata tres compradores poderían estar interesados en comprar as factorías de Alfageme de Vilaxoán e Ribadumia,…

    {flowplayer}images/salnes/ofertas_alfageme.flv{/flowplayer}

    … amais da marca conserveira Miau. Este é o balance provisional que deixa o proceso de recepción de ofertas por Alfageme; que rematou esta pasada noite de luns. Á oferta inicial presentada fai mais dun ano polo grupo cántabro El Consorcio agora ven a sumarse a proposta do grupo galego Pescamar, que ven de presentarse como candidato á facerse ca firma conserveira en liza.

    Á espera de datos oficiais da Consellería de Economía e Industria, a CIG sospeita que poderían existir alomenos tres ofertas. Tanto a oferta do grupo Cántabro el Consorcio como a do grupo galego Pescamar serían axeitadas de cumpriren tódolos preceptos que se recollen no concurso; o que si non aceptará de ningún xeito a Confederación Sindical galega é que volva a facerse cas conserveiras a Familia Lago, ex-propietaria da firma.

    Unha vez que o IGAPE decida sobre cal é a oferta máis axeitada para seguir adiante con este proxecto empresarial, sería cuestión de días que se resolvese satisfactoriamente este conflicto sociolaboral; dando traslado da resolución á Administración Concursal, quen daría o visto bo ca súa publicación, para a súa ratificación posterior no que vai a ser o último pleno do Consello Galego por esta lexislatura. É por isto polo que a CIG fixa o próximo día 18 como data límite para evitar que se dilaten os tempos.

    O Sindicato Nacionalista ten présa por coñecer a empresa adxudicataria posto que deberán amarrar con eles os detalles do acordo laboral. O IGAPE dispón desde hoxe de cinco días para decidir cal é a mellor oferta de entre as presentadas, e si se adaptan ou non ós requisitos requiridos, entre eles, a de manter unha plantilla cento cincuenta traballadores durante un mínimo de cinco anos.

    Redacción Salnés