Un militante do PP de Vilagarcía cualifica de ‘noxenta’ a labor de Fole

    VILAGARCÍA > Volven a complicárselle as cousas ó presidente do PP vilagarcián. Un militante, José Luis Filgueira Blanco, ven de facer durísimas acusacións contra Tomás Fole ó que acusa do desmembramento do partido. Filgueira chega a cualifica-la labor de Fole á fronte do PP de noxenta. E a gota que colmou o vaso foi a ruptura das negociacións con IVIL.

    José Luis Filgueira asegura que, ademais de provoca-la dimisión de tres edís, Fole xa conseguiu enfrentar á nova directiva do PP vilagarcián, que apenas leva unhas semanas. Pero a ruptura das negociacións con IVIL tras unhas declaracións do presidente popular foron demasiado para este militante que se pregunta por que Fole ten tanto interese en retirar a Rivera Mallo da política.

    Segundo él pode ser pola súa propia incapacidade para leva-lo PP, algo que puido comprobar traballando de preto con Fole en recentes eleccións. Por iso Jose Luis Filgueira prégalle a Tomás Fole e ó propio Partido Popular que abran ós ollos ó que pensan os vilagarciáns sobre o presidente popular, ó que só votaron 207 militantes dos 1.400 que ten o PP en Vilagarcía. Unha clara mostra do que opinan todos sobre o polémico presidente popular.  

    Redacción Salnés