A CIG prepara xa a querella contra Igape e Industria

     VILAGARCÍA – Hoxe remataba o prazo co que contaba a Xunta para decidir o uso das fábricas de Alfageme

    {flowplayer}images/salnes/FinPrazoAlfageme_230113.flv{/flowplayer}

    Rematou o prazo que tiña outorgado o Igape na acta da subhasta das fábricas de Alfageme en Ribadumia e Vilaxoán para decidir o futuro destas. Para desesperación de sindicatos e traballadoras, o Instituto Galego de Promoción Económica sigue en silencio. Por iso dende a CIG poranse mans á obra para denunciar o que consideran un atropelo.

     A voceira Rosa Abuín, mantivo onte unha xuntanza co departamento xurídico na que decidiron activar o proceso que anunciaran meses atrás. Presentarán unha querella contra os responsables na Consellería de Industria e no Igape.

    Unha querella que nun principio ía dirixida a Javier Guerra, no seu día conselleiro de Industria, pero que agora farase extensible o seu sucesor no cargo, Francisco Conde. 

    Rosa Abuín di non entender como a Xunta fíxose coas naves de Vilaxoán e Ribadumia para agora deixalas tiradas. Cre que non hai interese por parte do goberno autonómico reflotar o plan industrial. Os 150 postos de traballo que foron destruídos hai tres anos van ser xa moi difíciles de recuperar.

    Redacción Salnés