VILAGARCÍA> Quixémonos achegar ata Vilagarcía, para ver como está a funcionar e novo recinto deportivo de Fexdega. Neste momento son seis clubes os que se benefician desta instalación entre baloncesto e futbol.
{flowplayer}images/salnes/FexdegaDeporteBase_031012.flv{/flowplayer}
Fexdega cumpre o seu primeiro mes como recinto deportivo, adicado a acoller os adestramentos das categorías base dos clubes locais. De momento, desfrutan das catro pistas de baloncesto e da de futbol sala, seis entidades deportivas.
Tamén comezou hoxe a actividade de pilates destinada ó público adulto e que se realiza xunto á entrada principal do recinto. En liñas xerais, dende a Fundación Muncipal de Deportes consideran que a acollida está a ser moi boa.
Quixemos recoller outras opnións alleas á Fundación para pulsar o sentir da cidadanía con esto novo proxecto de Fexdega.
A falta de que as escolas muncipais de patinaxe, balonmán, baloncesto e voleibol se trasladen a Fexdega, outra das actividades que está ultimamente en boca de todos é a instalación das pistas de padel, criticada por algúns e aplaudida por outros.
Redacción Salnés