RIBEIRA> A proba organizada polo Club Náutico e Deportivo de Ribeira, en colaboración coa Federación Galega de Vela, está destinada a cruceiros ORC.
As instalacións do Club Náutico e Deportivo de Ribeira acollían este mediodía o acto de presentación da décimo terceira edición da Regata Gadis, unha proba que despide a temporada alta de Cruceiros na localidade. Na cita, que terá lugar este próximo sábado, prevese unha participación próxima ás vinte embarcacións.
Un ano máis a regata contará co patrocinio de Gadis, que ve neste tipo de probas un encaixe perfecto dentro da súa política de responsabilidade social na que o deporte ocupa un lugar destacado.
O saída da regata está previsto para as dúas da tarde e o remate da competición, ó redor das sete, xa nas instalacións do náutico ribeirense celebrarase a entrega de trofeos.
Comments are closed.