Sorum premiará a promoción cultural e deportiva da vila de Muros

galasorum100.jpg MUROS> A Asociación Sorum celebrará a segunda edición da súa gala anual na que se distingue o papel de diversas persoas ou entidades na promoción da vila.

{flowplayer}barbanza/galasorum.flv{/flowplayer}
 
Tralo éxito acadado na primeira Gala Anual da Asociación Sorum celebrada o ano pasado, os integrantes deste colectivo non dubidaron en organizar esta segunda cita que terá lugar o sábado ás oito da tarde na casa da cultura. No transcurso da gala entregarase as distincións os premiados nas catro categorías que teñen como eixo común a súa contribución á promoción da vila muradá. 
 
Haberá ademais actuacións a cargo do grupo de gaitas Faltriqueira, os músicos Manuel Asina, Fernando Docampo e Juanma Varela e un espectàculo a cargo dun monologuista local.
 
Longo percorrido
 
A asociación Sorum iniciou a súa andaina no ano 2007 e dende entón xa ten desenvolvido numerosas actividades relacionadas co mundo da cultura e do deporte.
 
Trala celebración da gala, na que agardan contar coa asistencia de máis de duascentas persoas, seguirán a organizar eventos de diversa índole. Todas obxectivo de exaltar os numerosos valores de Muros e as súas xentes.
 
Redacción Barbanza