O Vilagarcía Basket Camp reúne a 215 nenos de España e Portugal

vilagarciabasketcamp100_020707.jpgVILAGARCÍA > Uns 215 nenos procedentes de diversos lugares de España e Portugal reúnense ó longo …

… desta semana entre Vilagarcía e Vilanova. Participan na cuarta edición da Vilagarcía Basket Camp.

O Vilagarcía Basket Camp abriu onte as súas portas con case 215 rapaces procedentes de diversos lugares de España e Portugal. Unha xornada na que os participantes, organizadores e monitores tiveron o seu primeiro contacto, cos familiares e autoridades locais como espectadores. A pé de pista estaban o alcalde e tenente de alcalde de Vilagarcía, o deputado provincial José Juan Durán e o responsable de Caixanova, Javier Villaronga.

Os rapaces dividiranse en 13 grupos por idades e nivel deportivo para realizar os diversos adestramentos ó longo dos seis días que dura a concentración. O equipo de monitores está coordinado polo adestrador do Inelga Juan Espiñeira, coa colaboración de Antonio Toa Paterna, do Unicaja Málaga. Na organización hai unhas 35 persoas, comandadas por Alberto Blanco, que lles prepararon diversas actividades para que os rapaces melloren a súa técnica deportiva pero tamén na súa convivencia.

Nesta cuarta edición os atractivos serán Jorge Garbajosa, pívot da NBA e campión do mundo, Sandro Nicevic, ala-pívot que a pasada tempada competiu na liga francesa e anteriormente en Unicaja, e Carlos Suárez, do Estudiantes, nomeado esta campaña mellor xogador revelación nacional. A gran demanda desta edición obrigou á organización a deixar fóra a moitos rapaces, polo que para o vindeiro ano en vez de unha serán dúas semanas de campamento.

Redacción Salnés