A Deputación destinará 14 millóns de euros para o deporte

louzandeportes250_030308.jpgSALNÉS > O presidente provincial, Rafael Louzán, o vicepresidente económico, José Manuel Figueroa e o deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, presentaron hoxe o Plan de Deportes da Deputación de Pontevedra para 2008, ó que se destinarán preto de 14 millóns de euros.

O 75% deste orzamento invertirase na construcción e reformas de infraestructuras.

Durante o ano 2008 estarán rematados 52 campos de herba artificial. A previsión deste ano é investir 3,7 millóns de euros asignados para este exercicio. Louzán anunciou a inmediata posta en marcha dos de Marín, Poio e Atios-Porriño.

Para o Circuíto de Velocidade, o Plan adica 100.000 euros para o estudio de viabilidade.

 O proxecto de implantación de centros de ocio e termalismo (piscinas, ximnasios, saunas, spa…) en diferentes concellos da provincia tén unha consignación de 100.000 euros para a redacción do proxecto.

En canto ó estadio de Pasaron, para ó que foron destinados case 13 millóns de euros no 2007 para as súas pertinentes reformas, serán adicados en este exercicio 3,6 millóns.

Redacción Salnés