BOIRO> A vida de Ina e os seus sete fillos mudou por completo en cuestión de semanas. O pasado martes, esta ucraína chegaba a Boiro onde se instalou na casa de Preciosa, xunto con dous dos seus pequenos. A solidariedade desta familia boirense brindoulle unha oportunidade para fuxir dos horrores da guerra.
Aínda que non fala nada da español, a mirada de Ina transmite unha fonda gratitude. A xenerosidade de Preciosa e toda a súa familia permitiu que esta ucraína atopara refuxio en Boiro. Dende a semana pasada, ela e dous dos seus sete fillos, Chimo e Sofía, conviven coa súa nova familia de acollida. Para Sofía, de 9 anos, non é a súa primeira vez en Boiro posto que xa pasou as vacacións de Nadal con Preciosa, antes de que estalara a guerra. Outro dos nenos permanece en Madrid mentres que os catro restantes están repartidos con outra familias de Boiro así que Ina pode ver a diario a case tódolos seus fillos.
O ofrecemento como familia acolledora non é casual posto que Preciosa leva anos acollendo menores. Primeiro nenos procedentes dos campos de refuxiados saharauis e dende hai uns anos de Ucraína.
E esta é precisamente a espiña que lle queda cravada posto que a pesar de ter contactado con Ana non poden facer nada por sacala de Ucraína. Permanece nun orfanato asediado polas tropas rusas ó que apenas chega sequera axuda humanitaria.
Á espera de poder facer algo máis por Ana, a familia de Preciosa céntrase agora en axudar a estes dous pequenos, que arrastran xa moitas secuelas tralo vivido no seu país.
A pesar do trauma, Sofía e Chimo rin e xogan alleos á traxedia humanitaria que vive o seu pais e coa esperanza nun futuro no que aspiran ó mesmo que calquera cativo da súa idade.
Aínda que a situación non é doada, a familia de acollida conta coa axuda do concello e da cidadanía que de xeito anónimo e desinteresado doou roupa, calzado e todo tipo de artigos para contribuír á estadía dos refuxiados.
Esta familia acolledora anima a aquelas que poidan a dar refuxio a máis persoas procedentes de Ucraína. A experiencia, din, non pode ser máis gratificante posto que reciben moito máis do que dan.