“Só queremos que as nosas terras queden como antes das obras”

    RIANXO> Os veciños da parroquia rianxeira de Isorna, afectados polas obras do Tren de Alta Velocidade, continúan denunciando o mal estado no que quedaron as súas parcelas trala execución do Viaduto do Ulla. Onde antes había viñas e hortas, agora hai pedras, xestas e unha terra imposible de cultivar.

     

    Todo comezou no ano 2009, cando desde ADif ocuparon temporalmente numerosas leiras para poder executar as obras do Eixo Atlántico para o Tren de Alta Velocidade. Hai centos de casos de veciños afectados. Moitas destas hortas están situadas aquí, baixo o Viaduto Interprovincial que une os municipios de Catoira e Rianxo, sobre o río Ulla. Parcelas onde antes había viñas e cultivos, ocupáronse para levantar piares e executar o conxunto da estrutura. A sorpresa dos máis de 100 veciños afectados nesta parroquia de Isorna, en Rianxo, chegou viñeron ver as súas fincas tralo fin das obras. Os veciños do Castelo, esta zona de Isorna, non recoñecen as súas terras. Ante esta situación, os veciños deciden presentar unha reclamacións conxunta a ADIF. Os veciños afectados levan case un ano reclamando unha solución. O único que agardan e que Adif lles deixe as súas terras como estaban antes das obras. Ademáis das reclamacións conxuntas e individuais, de non ter unha resposta positiva por parte da empresa, non descartan acudir a outras institucións para recuperar o estado natural das súas leiras.