Éxito de público na apertura na XLIX Festa do Marisco do Grove

    O GROVE> Esta mediodía inaugurouse a cuadraxésimo novena edición da Festa do Marisco do Grove.

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_festa_marisco_051012.flv{/flowplayer}

    Un acto de apertura no que a Vila Meca se irmandou co Concello Portugués de Amares; para recoñecer o apego que ten o país luso por esta festa culinaria. Amais de portugueses, nas carpas de degustación puidemos ver centos de visitantes procedentes doutros moitos puntos da Península Ibérica, que viñeron ata estoutra península meca adrede para probar o marisco galego.

    O menú da Festa do Marisco presenta moitas e suculentas propostas que fan que o Grove sexa o destino estrela desta fin de semana e da próxima semana da Ponte do Pilar. Malia o suculento desta mariscada, compre deixar un oco para a sobremesa: filloas ou tortas como a de Santiago, a do carme, a do oruxo ou a de marmelo completan a proposta deste evento.

    Parece que polo de agora non se está a notar a crise económica no Grove, senón todo o contrario: o bó tempo destes días e a excelente relación calidade-prezo da oferta hostaleiro gastronómica, está propiciando que algúns establecementos xa poidan colgar o cartel de “cheo”.

    E como parte significativa da oferta de ocio que completa esta cita gastronómica, esta noite a Praza do Corgo está a acoller a oitava edición da Gala Musical da Festa do Marisco, na que actúan Chenoa, Gisela e La Década.

    Redacción Salnés