A Pobra amosa o seu rexeitamento á prisión atenuada para De Juana Chaos

    POBRA > Deceas de persoas acudiron ás oito da tarde ó concello da Pobra do Caramiñal para participar na concentración realizada polo Partido Popular … 

    … en repulsa pola concesión da prisión atenuada ó etarra José Ignacio de Juana Chaos. A pesar de que estaba prevista a presencia do presidente do Partido Popular en Galicia, Alberto Núñez Feijoo, finalmente o responsable autonómico dos populares non puido asistir por motivos de axenda.

    concentraciondejuana_200_020307.jpgA chuvia e o vento existente non foron razón suficiente para impedir que un bo número de pobreses se achegaran ata o concello para participar na convocatoria. O acto consistiu basicamente nunha concentración silenciosa, seguida da lectura dun comunicado a cargo do deputado popular, Manuel Ruíz, quen destacou que a decisión do goberno socialista supón unha cesión ante a chantaxe terrorista e un retroceso importante no eido das liberdades democráticas e o estado de dereito.

    Na concentración participou tamén o alcalde pobrés, Isaac Maceiras, e varios membros do seu equipo de goberno.

    Redacción Barbanza