En tempos de crise as empresas vilagarciás buscan mercados fora

    fotocamaracopia.jpgVILAGARCÍA> A Cámara de Comercio celebrou esta mañá unha xornada sobre internacionalización, na que estivo presente o Conselleiro de Economía e Industria.

    {flowplayer}images/salnes/InternacionalizacionCamara.flv{/flowplayer}

    Internacionalización e formación/ innovación. Estes son os eixos fundamentais que destacou o Conselleiro de Economía e Industria na súa visita á Cámara de Comercio de Vilagarcía.

    Os dous eixos sobre os que se sustenta o crecemento económico de Galicia. Segundo Javier Guerra, o obxectivo do seu departamento dende o primeiro momento, foi apoiar esta internacionalización, a apertura da pequena e a mediana empresa galega para buscar mercados fora das nosas empresas.

    Un compromiso que en palabras do Conselleiro, se demostra cos catorce millóns de euros que se investiron con este fin a través do plan FOEXGA, un plan dirixido a aumentar a competitividade exportadora das nosas empresas. No 2012 prevese ter levado a cabo un total de 75 accións neste senso.

    O sector máis representativo nestas accións é o alimentario. As bodegas, as conserveiras, os produtos conxelados, os cocedoiros.

    A viticultura e a conserva serán precisamente as que levarán a cabo a principios de novembro unha misión directa a Hong Kong na que se reunirán con importantes importadores asiáticos para estudar a súa incursión neste mercado. Con respecto a isto, o presidente da Cámara fixo referencia tamén á importancia da unidade do empresariado nestes momentos.

    Redacción Salnés