CAMBADOS> Hoxe conmemórase o Día do Cancro de Mama Metastásico. O Concello de Cambados acolleu actos por esta xornada. Ao mediodía deuse lectura a un manifesto na praza do Concello. A encargada de ler por segundo ano o manifesto foi Maribel Oubiña, Sobriña de Araceli Oubiña, falecida no 2020 logo de anos de loita contra esta doenza.
Reivindicouse a necesidade de máis investigación para esta doenza. Piden cronifica-la enfermidade para poder ter unha vida normal dende que se lles diagnostica a enfermidade. A alcaldesa de Cambados, pola súa banda, indicou que actos como o de hoxe serven para reivindicar, pero tamén para visibilizar esta doenza. Fátima Abal fai un chamamento a que os veciños compartan nas súas redes sociais publicacións nas que se inclúa o cancelo #MáisInvestigaciónParaMáisVida.