Pasan a disposición xudicial os detidos da operación ‘Jirito’

    jirito100_020309.jpgVILAGARCÍA> No Xulgado están a prestar declaración os detidos na operación ‘Jirito’ contra o narcotráfico.

    Oito persoas foron detidas esta fin de semana relacionadas cun alixo de 5 toneladas de coca atopadas no pesqueiro Doña Fortuna, que foi interceptado a unhas 800 millas de Canarias. Entre elas está un veciño de Boiro José Manuel Vila, coñecido como o Presidente e presunto cabecilla da operación, que xa foi ingresado en prisión, xunto ó construtor barbanzán Juan Carlos Otero. Un dos que pasaron hoxe a disposición xudicial o fillo do Presidente Miguel Ángel Vila.

    O operativo iniciouse o pasado xoves. A raíz dunha dobre investigación do Corpo Nacional de Policía e do Servizo de Vixilancia Aduaneira interceptouse o pesqueiro Doña Fortuna, de bandeira venezolana, con cinco mil quilos de cocaína a bordo e detivéronse ós cinco tripulantes. En terra caeron oito persoas máis e ademais, incautouse unha planadora na desembocadura do Tambre, na ría de Muros e Noia.

    Prevese que o Doña Fortuna chegue a Galicia o xoves e os seus tripulantes serán postos a disposición do Xulgado de Ribeira, que dirixe a operación que permitiu o apresamento do barco.

    Redacción Salnés