Novo triunfo cómodo dun Est. Otero que continúa lanzado

SALNÉS> Os cambadeses venceron ó Arteal de Santiago e mantéñense líderes unha semana máis. Peor lle foron as cousas ó Liceo Casino que perdeu na Coruña ante o Club del Mar.

Inicio arrollador do Establecimientos Otero de Cambados. Dous partidos e dúas soberanas palizas ós seus rivais. Se hai dez días era o Vincios o que recibía un set en branco, agora o Arteal de Santiago foise de San Tomé cun doloroso 5-1. Tan só foi quen de puntutar Eduardo Barreiro, que se impuxo a Fernando Padín, nun partido moi igualado, por 2-3. Jorge Gambra e Kazeem Ahmed non tiveron problemas para resolver os seus compromisos e venceron con solvencia.

Ben é certo que ós composteláns acudían á cita sen a súa estrela Sockolosky, pero iso non pode restarlle mérito ó gran inicio de temporada do Estableciminetos Otero, que lidera a clasficación por diante de Cai Santiago, Irún Leka Enea e Enmacosa Monte Porreiro, que tamén sumaron dúas victorias neste arranque.

Peor vanlle as cousas ó Liceo Casino, que cae a postos de descenso logo de sumar a súa segunda derrota noutras tantas xornadas. Desta volta foi na Coruña, ante o Club del mar, por 4-2. Sergey Nigeruk volveu a facer os deberes e gañou os seus dous partidos, pero nin Fran Monroy nin Andrés Guillermo Correa puideron sumar para os vilagarciáns.

A vindeira fin de semana ámbolos dous equipos mediranse ó Heilos aragonés. O Establecimientos Otero o sábado pola tarde a partires das 18:00, mentres que o Liceo no Arealonga o domingo ás 11:00.

Redacción Salnés