‘As taxas para os edificios deportivos reducen o custe nun 300 por cento’

    fototaxascopia.jpgGROVE> Así o dixo Alfredo Bea ó referirse as taxas para a utilización das instalacións deportivas. Asegurou que a oposición minte ó falar de subidas.

    {flowplayer}images/salnes/TaxasDeportesGrove.flv{/flowplayer}

    O que para uns é unha baixada das taxas con respecto ós prezos anteriores, para outros é unha subida de cotas que afoga ós veciños e que ten unha intención unicamente recadatoria. Estas son as dúas formas de ver unha única ordenanza, a que regula os prezos para o uso das instalacións deportivas do Concello do Grove. Segundo a oposición liderada polo socialista José Antonio Cacabelos, as tarifas que agora se establecen limitan o acceso ó deporte dos veciños e convérteno nun luxo o alcance duns poucos. Pola súa banda o edil de deportes nega a maior, e arremete contra os que van de progresistas e votan en contra destas medidas.

    Unha fianza que agora queda derogada, sen necesidade de pagar pola solicitude e dez euros por hora de utilización do pavillón ou 20 no caso do campo de fútbol. Esta é segundo Alfredo Bea a base da nova ordenanza, polo que non entende as acusacións do PSOE ó falar de afán recadatorio ou ó acusar ó goberno de pensar nos seus salarios antes que nos veciños.

    Unha realidade que segundo Bea trata de fomentar o deporte e de abrir tamén o Concello a outros municipios da comarca. Pois o que veña de fora, poderá tamén empregar estas instalacións sen fianza e sen solicitudes que requiran cargo económico, pagando unha taxa de vinte euros a hora polo pavillón e corenta no caso do campo de fútbol .

    Ademais tamén matiza o edil de deportes, a importancia que a súa concellería lle da o deporte base, por elo os clubs que conten con a lo menos corenta socios e que non lle cobren os rapaces máis de dez euros ó mes quedarán exentos destas taxas.

    Alfredo Bea quixo recordar tamén que o Grove se converteu nos últimos anos nun referente en Galicia no que respecta ó deporte o os hábitos de vida saudables.

    Redacción Salnés