Rajoy promete batallar en Europa polo sector pesqueiro

    rajoy100_190509.jpgCAMBADOS> O PP comprométese a traballar en Europa por sectores prioritarios en España como o gandeiro e o pesqueiro.

    {flowplayer}images/salnes/RAJOY_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O PP comprométese a traballar en Europa por sectores prioritarios en España como o gandeiro e o pesqueiro. Así o indicou hoxe en Cambados o presidente do Partido Popular Mariano Rajoy, na visita que realizou á confraría de pescadores e ó porto de Tragove.

    Neste achegamento ó sector, Rajoy escoitou as demandas de control das importacións, a través da etiquetaxe e de maiores controis sanitarios. Mariano Rajoy estivo acompañado da candidata popular ó Parlamento Europeo Carmen Fraga, ata agora portavoz de pesca do PP en Europa. Fraga describiu a confraría de Cambados como un modelo de explotación acuícola a seguir, ó tempo que se comprometeu a defender o sector.

    Benito González, o patrón maior da Confraría cambadesa e presidente da Federación Galega, transmitiulles o interese que ten a pesca de baixura en entrar nas políticas europeas. Nesta visita a Cambados, Rajoy estivo acompañado polo alcalde de Cambados, o delegado da Xunta en Pontevedra e o presidente da Deputación Provincial.

    Redacción Salnés