As traballadoras de Alfageme péchanse para esixir solucións

    VILAGARCIA> As traballadoras de Alfageme encóntranse pechadas no interior do Concello de Vilagarcía para exercer…

    {flowplayer}images/salnes/peche_alfageme_151012.flv{/flowplayer}

    … presión ante a Xunta de Galicia, unha vez que a Consellería de Economía e Industria decidiu volver a estancar o proceso de adxudicación da empresa conserveira do Salnés. Cando se cría que xa se ían a decantar por unha das tres empresas de compra presentadas: a de El Consorcio, co que esta suscrito un acordo laboral ca plantilla; Pescamar e outra empresa que os traballadores entenden como encuberta da Familia Lago; a executivo autonómico decidiu paralizar o proceso para resolver un novo recurso administrativo interposto pola Familia Lago, expropietaria da firma, sobre as bases deste concurso. E é que este novo revés dá a entender a estas traballadoras que hai un certo trato de favor ca Familia Lago, non se sabe aínda moi ben o porqué.

    Estas empregadas non dan creto á decisión da Xunta de dilatar o proceso do concurso cando se sabe que este xoves remata o prazo posto polos Administradores Concursais para que a empresa saia a subhasta. A partir de aí a empresa tería que saír a subhasta podendo non continuar a actividade empresarial da mesma nas mesmas condición e sen acordo laboral. De entraren as eleccións de por medio, complicaríase aínda máis o proceso ó mediar a remuda no Goberno Autonómico. Ó desenvolverse este recrudecemento das mobilizacións durante a última recta da campaña electoral, xa houbo voces do PP que denunciaron que este conflicto estaba a ser empregado interesadamente pola CIG, unha utilización política que as traballadoras negan.

    A mediodía estas manifestantes foron atendidas polo Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole; quen asegurou non entender por qué escolleran o Concello para pecharse se a solución do conflicto non pasa por eles senón pola Consellería. Un departamento autonómico que ven de ratificar de novo a súa intención de seguir adiante con este proceso, tal cal estaba anunciado. Para iso o IGAPE vai a celebrar unha reunión de urxente para tratar adrede este asunto. Pola súa banda, o Alcalde de Cambados, o popular Luís Aragunde ven de criticar tamén a posición do BNG e da CIG neste conflicto onde se enmarcan –dixo- “de pirómanos que pretenden exercer de bombeiros”. Asegura Aragunde que os nacionalistas están a facer electoralismo cun conflicto creado por eles mesmos, durante a etapa do goberno bipartito da Xunta de Galicia.

    Redacción Salnés