O peón gaña espazo en Doutor Tourón

VILAGARCÍA> En Vilagarcía, remataron as obras de reforma da avenida do Doutor Tourón. A actuación permitiu incrementa-la superficie destinada aos peóns, con beirarrúas máis anchas e accesibles.  A intervención supuxo un investimento de 150.000 euros. Queda aínda pendente a instalación na zona de bancos e xardineiras.

A reforma da avenida de Doutor Tourón supuxo un investimento de 150.000 euros. A actuación centrouse na mellora das beirarrúas, que gañan espazo. Unha obra que se traduce tamén na mellora da accesibilidade nesta céntrica zona pola que acotío transitan moitos veciños da cidade.

O alcalde explica que actuación segue o mesmo espírito que outras reformas acometidas noutras partes da cidade, de aí que de novo se optse polo formigón.

E salienta o alcalde que nestes momentos Ravella actúa en varios puntos da cidade.

No caso de Doutor Tourón, queda pendente a instalación de bancos e xardineiras nesta marxe da avenida, coa previsión de facelo nos vindeiros días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí