O humor reinará en Cambados durante o Entroido

    entroido_cambados100.jpgCAMBADOS> Unha xouba xigante e un cura van ser os dous personaxes protagonistas do Entroido en Cambados, este ano…

    … Os humoristas Cándido Pazó e Pepo Suevos interpretaron esta tarde un dos seus monólogos, na praza cambadesa de San Gregorio, para darlle á benvida ao Entroido, á festa pagá, por excelencia, do calendario. 

    O humor vai ser o fío condutor desta festa en Cambados ao longo da vindeira fin de semana e ao longo de todo o mes. O sábado, día 21, actuará o Gran Circo do Entroido realizado polos nenos da Escola Municipal de teatro, a partires das 12 da mañá. Pola tarde haberá talleres infantís no Pazo Torrado dende as 4 ata as 7 da tarde.

    As risadas estarán presentes tamén o domingo, día 22, coa actuación do mago Teto no auditorio municipal a partires das 5 e media da tarde. O luns 23 incorpórase a música á programación. O Auditorio Municipal acollerá a actuación de Desakordes, un grupo de relevancia nacional que acadou grande éxito en todo o país. 

    O martes de carnaval as rúas e as prazas do concello impregnaranse do espírito do pasacalles “Magnifique bande”, con zancudos e malabaristas de Troula Animación. O mércores de cinza haberá un degustación de doces tradicionais no Pazo Torrado, a partires das 5 da tarde. Na praza do concello e en San Tomé os humoristas Cándido Pazó e Pepo Suevos volverán a animar aos veciños de Cambados, a partires das 7 da tarde. Ás oito terá lugar o enterro da sardiña coas viúvas.

    As actividades rematarán o sábado, día 28, co pasacalles e comparsas a partires das 5 e media. No auditorio municipal terá lugar a primeira mostra da escola municipal de teatro titulada “Inda que o Vento Deixase de Asubiar”.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/130209_entroido_cambados.flv{/flowplayer}