As primeiras centolas do Grove cotizáronse a 34,65 euros o quilo

O GROVE> Arrancou a campaña da centola con prezos á alza. No Grove superáronse os 34 euros. E malia que o tempo acompañou poucas foron as embarcacións que conseguir coller os topes. Os mariñeirs explican que moita alga e lixo que lles dificultou o traballo. Así as cousas, na primeira xornada descargaron na lonxa meca case cinco toneladas, cantidade moi superior á do ano pasado.

O Grove viviu un dos seus días máis agardados coa chegada das primeiras centolas á lonxa. O inicio da campaña deixa bo sabor de boca.

E vaia se acompañou o prezo. As centolas chegaron a cotizarse a 34,65 euros o quilo. Unha das cifras máis altas da última década. Sen ir máis lonxe, son máis de sete euros por quilo respecto ao ano pasado, cando se rozaran os 28.

Na primeira xornada descargáronse aquí case cinco toneladas, unha cifra moi superior á do ano 2024, cando se fixeran con mouco máis de tres toneladas. A pesar diso, foron poucas as embarcacións que conseguir coller os topes de 35 quilos por embarcación e por cada un dos tripulantes. O problema, explícannos, pola cantidade de algas e lixo.

Con todo os mariñeiros amósanse satisfeitos e agardan que a campaña vai mellorando.

A primeira poxa, como sempre, xerou moita expectación. Tamén a seguiron con moito interese dende Emgrobes, colectivo que está a ultimar a Festa da Centola, que van celebrar do 27 de novembro ao 8 de decembro.

Entre esas actividades paralelas, inclúense charlas ou obradoiros de cociña, coa centola como gran protagonista.