Arranca Bolcotur, a maior bolsa de contratación turística de Pontevedra

    comezabolcoturcopia.jpgPONTEVEDRA> A Deputación por en marcha esta bolsa que prevé realizar unhas dúas mil cincocentas entrevistas entre turoperadores e hoteleiros.

    {flowplayer}images/salnes/ComezaBolcotur171012.flv{/flowplayer}

    Trinta maioristas e uns cento cincuenta representantes do sector hoteleiro danse cita nesta primeira edición de Bolcotur. Esta bolsa de contratación turística durará tres días e neles prevese que se realicen unhas 2.500 entrevistas.

    O obxectivo é que empresas como esta e hoteis de tódolos tipos contacten cos grandes turoperadores e que estes oferten os seus servizos nos seus packs turísticos e nas súas guías. O sector turismo continúa medrando en Galicia e as expectativas son moi boas.

    Por parte dos turoperadores que se manteñan iniciativas deste tipo tamén é moi importante, sobre todo para coñecer novas empresas e oportunidades de negocio.

    Os maioristas tamén destacaron o gran número de hoteleiros portugueses que están a participar e mesmo botaron en falta maior presenza dos hoteis galegos. Tamén aproveitaron para reivindicar o apoio das institucións nun momento moi complicado.

    O edifico Sarmiento é o escenario deste evento, como dicimos, aberto a todo o que o desexe.

    Redacción Salnés