Vilanova achega as novas tecnoloxías a tódalas parroquias do municipio

    VILANOVA > O concello de Vilanova fixo balance dos servizos de informática e novas tecnoloxías postos en marcha nas distintas casas da cultura do municipio. Os últimos na casa da cultura de San Miguel de Deiro que foi dotada con 8 equipos utilizados principalmente pola mocidade.

    Gonzalo Durán presentouno como un dos compromisos do seu equipo de Goberno para esta lexislatura: achegar as novas tecnoloxías á toda a poboación vilanovesa, especialmente á xuventude. Dende novembro de 2004 data na que se puxo en funcionamento a primeira aula de informática en Tremoedo ata esta última, a da casa da cultura de San Miguel, o número de usuarios medrou considerablemente especialmente entre a xuventude.

    Se ben as aulas son de acceso libre para tódolos veciños de Vilanova, os principais usuarios son os mozos e os nenos. Para evitar que visiten contidos pouco recomendados para a súa idade e que non quede ninguén sen poder acceder a Internet os ordenadores están dotados dunha serie de filtros e establécense uns turnos de uso.

    Redacción Salnés