As confrarías piden á Deputación destinar as axudas ó que precisen

    confrariascopia.jpgPONTEVEDRA> Representantes do sector reuníronse co Presidente da Deputación para falar destas chegas. Pola ría de Arousa asistiu o patrón maior da Illa.

    {flowplayer}images/salnes/XuntanzaConfrariasPontevedra.flv{/flowplayer}

    O furtivismo continúa sendo un dos principais problemas ós que se enfrontan as confrarías nestes momentos, e parece que cara aí se destinarían precisamente boa parte das achegas que a Deputación de Pontevedra concederá para o ano que ven. O patrón maior da Illa recoñece que nos últimos tempos están a sufrir cada vez máis ataques dos furtivos e precisan actuacións neste senso.

    Imprescindible a vixilancia e tamén moi importante a compra de cría para as labores de rexeneración dos seus bancos, que cada vez dispoñen de menos recurso. Estas serían as necesidades da confraría da Illa, tamén as doutros moitos pósitos pero probablemente non as de todos. Así é que o obxectivo da xuntanza que mantiveron con Rafael Louzán é que as achegas que fai a Deputación sexan abertas, é dicir, que cada confraría as empregue no que precise.

    Tanto dende a Federación como dende as confrarías asumen que tal e como están as cousas terán que sufrir tamén recortes, pero hai certos aspectos que son imprescindibles e que non se poden ver prexudicados.

    A reunión tamén asistiron ademais do Presidente da Federación e do Patrón Maior da Illa, representantes das outras dúas rías de Pontevedra. O xerente da confraría de Cangas e os patróns maiores de Bueu e Lourizán.

    Redacción Salnés