Morre o ex conselleiro da Xunta Xosé Cuíña

    SANTIAGO > Esta mañá morreu o ex conselleiro da Xunta Xosé Cuíña a idade de 57 anos. O deputado popular levaba ingresado dende …

    hai uns catorce días no Hospital Clínico de Santiago, onde ingresou por unha neumonía aguda, agravada por unha infección que padecía na sangue. O Concello de Lalín, onde será enterrado o político este domingo pola tarde, decretou tres días de loito oficial.

    Xosé Cuíña faleceu esta mañá no Hospital Universitario de Santiago ós 57 anos de idade. Ingresara no centro hai dúas semanas a consecuencia dunha pneumonía. Morreu pasadas ás once da maña, cando se atopa na UCI en estado moi grave. Segundo fontes hospitalarias, padecía ademais unha infección na sangue, enfermidade que se agravou pola baixada das defensas ante a infección respiratoria.

    cuiam200_001.jpgNatural de Lalín, Xosé Cuíña, foino case todo na política galega. Alcalde, deputado, presidente dunha deputación, conselleiro da Xunta, e ata secretario xeral. Comezou moi novo, e xa con 23 anos foi elixido edil en Lalín. Logo virían a alcaldía do concello, durante 11 anos, e a presidencia da deputación de Pontevedra. Coa década dos 90 comeza para el unha nova etapa, marcada pola importancia da súa figura na política galega. Da man de Manuel Fraga, do que foi considerado o seu delfín político, accede á secretaría xeral do PPdG e convértese no respontable da consellería de Política Territorial. 

    Logo de 13 anos ó fronte do departamento, dimite tras confirmarse que empresas da súa familia venderan material para limpar as costas afectadas pola marea negra do Prestige. Con este escándalo , Cuíña perdeu tamén as esperanzas que albergaba de ser o próximo substituto de Manuel Fraga na Xunta. Unha posibilidade que se esfumou por completo cando Alberto Núñez Feijóo foi elixido coma o novo presidente dos populares galegos. Dende entón, soubo manterse nun discreto posto dentro do partido coma deputado. Pero este partido, do que fora un dos seus homes máis importantes, comezara a darlle a espalda. O proceso de renovación que iniciou o PP, desembocou na perda dos cargos da secretaria xeral do PPdG e da presidencia da Deputación de Pontevedra. Para moitos foi un erro apartalo do partido.

    O último revés político ó que tivo que enfrontarse Cuíña, foi a crise provocada polo derrube parcial da vía de alta capacidade do Salnés, construída na súa etapa de conselleiro, e da asumiu a súa responsabilidade. Considerado o coma representante do sector da boina fronte o birrete e do lado máis rural, populista e galeguista do PPdG, foi unha das persoas máis influintes e poderosas da política galega dos últimos anos.

    Redacción Salnés