ILLA> Arredor de 80 nenos e nenas da Illa realizaron esta mañá unha xornada para coñecer como xestionar as súas emocións. Os máis pequenos asistiron a unha charla, escoitaron a un conta contos e realizaron actividades musicais e de pintura coas que poder expresar os seus sentemos. A iniciativa inclúese dentro da semana do orgullo Mar e Con da Illa e busca que os máis pequenos gañen en educación emocional e sexan así máis comprensivos cos demais, fomentando o respecto a todas as persoas.
A Illa de Arousa está somerxida na semana do orgullo Mar e Con. Unha nova iniciativa do Concello xunto coa asociación Polari que busca fomentar entre a veciñanza a igualdade e o respecto a todas as persoas. Dentro da súa programación se atopa a actividade Ti Contas, que se celebrou este xoves nas Casas Modernistas e na que os máis pequenos puideron coñecer a importancia de xestionar as súas emocións.
Na actividade participaron arredor de 80 nenos e nenas. O obxectivo de Polari é que os máis pequenos coñezan a importancia da educación emocional.
E para conseguir estes obxectivos, os nenos gozaron dunha xornada con charla, conta contos, pintura e música.
Pola tarde foi a quenda dos máis maiores que compartiron unha mesa redonda con Matías Daporta. O bailarín compartiu a súa experiencia cos asistentes e debateron sobre como se trata a arte e as obras do sector lgtbiq+ no sector cultural.