RIANXO> A xouba foi a protagonista indiscutible desta fin de semana en Rianxo. Repartironse en total 300 quilos de peixe entre os numerosos asistentes á exaltación do produto estrela do xeito rianxeiro.
Xouba fritida ou en empanada, acompañada con cachelos e pementos de padrón. O éxito desta fórmula foi tal que se esgotaron os 300 quilos de peixe adqurirdos para a exaltación gastronómica celebrada esta fin de semana en Rianxo.
Ós numerosos asistentes non lles importou ter que facer longas colas para degustar a súa ración na carpa instalada no Campo de Arriba.
Ademais desta preparación tradicional, desenvolveuse un showcooking con elaboracións máis innovadoras como, por exemplo, torrada de pan de millo con verduriñas asadas e xouba en tempura.
Esta trixésima edición da festa serviu ademais para reivindicar unha marca de calidade para a xouba do xeito de Rianxo, proxecto no que a confraría leva traballando máis dun ano.