Recolte asume definitivamente o servizo de limpeza urbana de Ribeira

    RIBEIRA> Recolte Servizos e Medio Ambiente asumirá o servizo de limpeza e recollida de lixo de Ribeira. Así o determinou o Tribunal Supremo ó desestimar o recurso presentado pola anterior adxudicataria, Urbaser. En 2015, a oferta de Recolte Servizos e Medio Ambiente acadou a mellor puntuación no concurso para facerse co servizo de limpeza urbana e recollida de lixo de Ribeira. Sen embargo, a empresa Urbaser que ata ese momento viña prestando o servizo recorrera esta decisión. Inicialmente, o Tribunal Administrativo central de Recursos Contractuais déralle a razon decretando a nulidade do procedemento de adxudicación. Foi entón o concello quen presentou recurso obtendo o visto bo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia en novembro de 2016. Visto o que agora vén de confirmar o Tribunal Supremo desestimando o recurso de casación de Urbaser. Isto supón o fin do proceso xudicial polo que Recolte asumirá o servizo durante os próximos doce anos tal e como establece o contrato. A través da nova concesión, o concello prevé conseguir unha xestión de residuos máis eficaz coa introdución da carga lateral. a inclusión da xestión de algas na recolida das praias ou a incorporación de empresas de economía social na xestión de papel e cartón. Ampliarase ademais o servizo de limpeza viaria a praias e paseos marítimos, incluíndo o desbroce de beirarrúas, limpeza de zonas verdes e mobiliario urbano.

    Comments are closed.