BOIRO> Máis de medio cento de persoas concentráronse este mediodía ás portas do IES da Cachada atendendo á chamada realizada dende a ANPA deste centro educativo que reclama poder contar cun docente en exclusiva de Pedagoxía Terapéutica para atender as múltiples necesidades que presenta o centro.
A ANPA do IES da Cachada conta co apoio nas súas reivindicacións do resto de ANPA’s do municipio e da asociación BarbanTEA, así como do propio Concello.
Varios membros da corporación municipal, representantes de distintos grupos políticos, participaron tamén nesta concentración, entre os que se atopaba o propio alcalde, José Ramón Romero.
O rexedor considera xusta a súa reclamación, xa que, segundo el, hai máis de cen rapaces no centro con necesidades especiais.










